We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Fl​ú​e

by Traboute

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Non hai respiro nin tregua, nunca deixas de ladrar arrólate nas silveiras que é onde tes que estar Quédache grande o meu traxe, quédache grande de máis o galo faise galiña lonxe do curral Cala xa, non dis nada que me interese Fártasme, non es nada non es ninguén, e eu son rei (é por iso que) Fártasme, non es nada non es ninguén, e eu son rei Torres máis altas caeron e ti tamén has caer estás metido na lama e xa non fas pé Gardas penumbra nas veas, mesturas frío e calor eu son o que vai de fronte, véxote mellor Cala xa, non dis nada que me interese Fártasme, non es nada non es ninguén, e eu son rei (é por iso que) Fártasme, non es nada non es ninguén, e eu son rei Baixa a cabeza ó meu paso, aprende o que hai que aprender e cando o deas aprendido, vólvelo aprender "Homiño quere ser home", na lingua do perdedor confunde a fala cos berros, que contradición Cala xa, non dis nada que me interese Fártasme, non es nada non es ninguén, e eu son rei (é por iso que) Fártasme, non es nada non es ninguén, e eu son rei Non es nada, non es ninguén, e eu son rei Non es nada, non es ninguén, e eu son rei!
2.
A gata 03:59
Cansei de dalo todo, non me queda máis caín de canso, cansei de andar A gata sempre mía, pide sen parar o seu reclamo non xustifica a condena Deixar de ser quen son, prender a mecha noutro corazón volver brillar á fin, recuperando aquilo que perdín Función decepcionante, pouco que engadir a trama é mala, igual ca ti A gata non perdoa, sabe rabuñar afía as garras, no lombo de quen se vira Deixar de ser quen son, prender a mecha noutro corazón volver brillar á fin, recuperando aquilo que perdín O rato non se vai, non hai medo Vivo ceibo como quero digo sempre o que penso Logrei saír da gabia na que me tirou o seu recordo, alí quedou A gata busca un tellado, deses que non hai e a cada chimpo, vaise murchando por dentro Deixar de ser quen son, prender a mecha noutro corazón volver brillar á fin, recuperando aquilo que perdín O rato non se vai, non hai medo
3.
Disque 04:10
Espido boto a camiñar, nin frío nin calor a lúa vólvese anunciar, veñen os voitres Principio de acción-reacción, presaxio dun final o viño que se derramou, estaba podre Días en branco fannos escravos, deixan á sombra vidas revoltas É triste espertar e ter que ver que todo o meu esforzo se perdeu É triste espertar e ter que ver que a confianza se volveu romper Non pidas unha explicación, se non queres oír dicíndome que es mellor, entre responsos Non suma nunca a división, so dá pra repartir Quedoume claro que estraguei, o tempo todo Días en branco fannos escravos, deixan á sombra vidas revoltas É triste espertar e ter que ver que todo o meu esforzo se perdeu É triste espertar e ter que ver que a confianza se volveu romper Pensei que era un bo sitio onde acabar carguei con todo o peso sen dubidar e vin que non se avanza mirando atrás Días en branco fannos escravos, deixan á sombra vidas revoltas É triste espertar e ter que ver que todo o meu esforzo se perdeu É triste espertar e ter que ver que a confianza se volveu romper
4.
Nomes que se van cando amansa a dor levan canda si o que non brotou cantos? (cantos máis) chegarán para azoutar bestas (sen ferrar) loitarán ata axeonllar Vai medrar lonxe de aquí vai medrar lonxe de min Forte convicción en reafirmar xermes que non dan froito sen regar buscas (sen paixón) algo que nunca atoparás todo (malo e bo) ficará neste pantalán Non hai mención para ti, fraco favor, consentir Non hai mención para ti, fraco favor, consentir Cinzas que xa non volverán arder restos do que foi e non puido ser eivas, (contra nós) outra vez cuspes negación liñas (sen valor) sen dicción e sen opinión Vai medrar lonxe de aquí vai medrar lonxe de min vai medrar, vai medrar, vai Vai, vai medrar, lonxe de aquí Vai, vai medrar, lonxe de min Vai medrar, vai medrar
5.
Agóchase unha gran verdade detrás do que non deixas ver nunca soubeches dala cara e non foi distinto esta vez A túa vida está baseada na escura "arte" do mentir unha mentira leva a outra, rutina na que has de seguir Non hai maneira de arranxalo se queres que se arranxe só Ti buscas o perdón sen negociación, sen mirar atrás, (tan só por) ti nunca cambiarás, non queres cambiar, e non das opcións, (sabes que si) Explícame que te motiva a urdir historias sen guión paxaros que non pÍan claro aniñan homes sen valor Completamente obsesionado non te das conta que o mellor non é mellor por estar lonxe senón por telo ó teu carón Non hai maneira de arranxalo se queres que se arranxe só Ti buscas o perdón sen negociación, sen mirar atrás, (tan só por) ti nunca cambiarás, non queres cambiar, e non das opcións, (sabes que si) Sinto como todo acaba hoxe, sinto como xa nada se esconde Explícame que te motiva a urdir historias sen guión paxaros que non pían claro aniñan homes sen valor Completamente obsesionado non te das conta que o mellor non é mellor por estar lonxe, senón por telo ó teu carón Non hai maneira de arranxalo se queres que se arranxe só
6.
4centos80 03:59
Crin en ti, apostei, eu cumprín, axudei, pero ti sabes enganar Menos mal que marchei, non seguín a ceder, rematou, deixa de actuar Estabas de máis, estabas de máis, estabas de máis, rachou Estabas de máis, estabas de máis, estabas de máis, rachou Estafador Sopesei as opcións, ti ou eu, fácil foi, escollín e non dubidei Coma min non hai dous, coma ti un millón, moitos máis dos que desexei Estabas de máis, estabas de máis, estabas de máis, rachou Estabas de máis, estabas de máis, estabas de máis, rachou, rachou Estabas de máis, estabas de máis, estabas de máis, rachou Estabas de máis, estabas de máis, estabas de máis, rachou Estabas de máis, estabas de máis, estabas de máis, rachou Estabas de máis, estabas de máis, estabas de máis, rachou, rachou
7.
Éivasme non sabes razoar, esquecín, lembrarás Contra min non podes nada xa, vas ter que mellorar Lonxe de dar un paso adiante láiaste en van do desenlace compre arrancar as malas herbas recollerás o que sementas Éivasme non sabes razoar, esquecín, lembrarás Contra min non podes nada xa, vas ter que mellorar Queda por ver despois ou antes se hai colisión entre xigantes confrontación innecesaria esta partida está gañada Non me pidas nada leva o que traias Éivasme non sabes razoar, esquecín, lembrarás Contra min non podes nada xa, vas ter que mellorar
8.
Pouca 03:40
Conservo o don de escorrentar do meu carón a todo aquel que me fai mal sen importar se quedo ben ou menos ben, tanto me ten O teu sermón faise eterno, deixa de darme consellos nada cambiou neste tempo, nada Destinado a estar enraizado coas ideas que me fan libre contraveño todas as normas, as escritas e as invisibles Resúltame irónica a situación non sei moi ben por que pensei que eras mellor o que foi Un agora xa partiu en Dous E no silencio marmulas frases e frases gastadas que de ti non esperaba, nunca Pensabas que bastaba só con agardar Pensabas que ía esquecer e claudicar Descártote polo que fas non por quen es punto e final dunha tensión sen resolver endémica demostración de proceder E do silencio rescato frases que tiña esquecidas e que hoxe cobran sentido, hoxe Destinado a estar enraizado coas ideas que me fan libre contraveño todas as normas, as escritas e as invisibles
9.
Aela 04:04
Abrígame coa redención do teu ollar envólveme no teu alentar, faime brotar Na pausa fica o saber, menciña do desleixado Agradecido por ter calado no teu peirao Linguas de trapo, medias verdades, loita de cervos mansos onte feridos, hoxe sandados, por sempre liberados Promesas que morren ó nacer, efémeras veleno que me contaminou, lento e feroz Linguas de trapo, medias verdades, loita de cervos mansos onte feridos, hoxe sandados, por sempre liberados Logrei deixar a un lado todo o pasado e así saín do lodo que me varaba autor tenaz desta cantiga que amaso para ceibar as débedas que me ataban Mestúrame con area e sal, faime medrar que prenda en min toda convicción, firme e real Na pausa fica o saber, menciña do desleixado Agradecido por ter calado no teu peirao Linguas de trapo, medias verdades, loita de cervos mansos onte feridos, hoxe sandados, por sempre liberados
10.
Como preciso do que ti me das, que grande falla pois no deserto no que te agardei a noite abrasa e só a min se me ocorre deixar cabo da cama e así de sede non vaia morrer, auga salgada Ondas e rochas, miden as forzas Se un alumea tanto coma o sol, quente ou non quente outro asemella o negro conxelar da fría neve so agardo o día no que poida ver que o conto cambie e sexa a neve quen derreta ó sol e os dous gañen Ondas e rochas, miden as forzas Un remanso de sostida calma aletarga ó vendaval Furia do volcán que me sinala nesta noite de mornas lembranzas do senlleiro cavilar Outra tensión, distinto repousar Atrás quedou o esgrevio camiñar O escuro pranto non se escoita aquí, xa non me doe a espiña inerte conseguiu saír, volveu ó monte desentrabar a nosa rendición non foi doado as cousas céibanse por fin da cor do triste fado Ondas e rochas, miden as forzas Un remanso de sostida calma aletarga ó vendaval Furia do volcán que me sinala nesta noite de mornas lembranzas do senlleiro cavilar
11.
Golpe a golpe, ¿quen non torce? Ateigamos os beizos ¿de que?, do feitizo da carne personaxes distintos e iguais nun rueiro de fame Nunca verás ningún lobo correr diante da súa lebre non é peor por deixar de morder, sabe ben o que quere Ferro! Só hai segura unha cousa, meu ben, queira un ou non queira empachamos co prebe que vai dende o río á fervenza nunca verás ó raposo chorar pois criouse descalzo non é mellor por sentarse a cear e lamber do meu prato Ferro! Gardo as gadoupas, signo de forza Non penso recuar, encaro a situación xa non agroma o son dese canso bruar Devoramos sen mediar palabra o momento antes que caducara Non se aposta contra o tempo apoucado mensaxeiro Vou!
12.

about

Gravado nos Estudios Queiroas (A Coruña)

credits

released February 19, 2016

Ramón Sánchez - Guitarra
Kaine - Voz
Dis - Batería e baixo

Letra e música: Ramón Sánchez

license

tags

about

Traboute Carballo, Spain

Metal en galego.

contact / help

Contact Traboute

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Traboute, you may also like: