We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Zuna

by Traboute

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Mostreime real, completo e total baleiras as mans, erguínme do chan Preciso quencer, berrar ou tremer facelo por min e non por ninguén Carguei de arela os pulmóns tan só un suspiro bastou, ceiboume Non sucumbín, arredei, sen pedir Carguei de arela os pulmóns tan só un suspiro bastou, ceiboume Non, xa foi, xa foi Algo estalou, dentro de min Son mal pagador, se hai que aprender a golpes de pao e rirse tamén Laiarse non é, nin foi solución busquei rexurdir, noutra dirección Carguei de arela os pulmóns tan só un suspiro bastou, ceiboume esvaeceu, o fume, que impide ver
2.
Troca 03:37
Sorprendín ó pensamento dando voltas sen saber moi ben como, cando ou onde se detivo ben seguro que ocorreu Sei quen son, nunca me xulgues por ter razón Estraguei parte da miña vida dubidando se o facer como pode ser que non me vira morto antes de morrer Hei chegar inda que teña que ir sen ti Renacer das cinzas, sabia decisión, todo o bo que veña é bo desbotar de certo tanta represión, nunca quixen ser temor Querer é poder, hoxe cambia non se detén, desta volta gaño eu Ver outro amencer, mudando de pel querendo medrar, boteime a correr Querer é poder Renacer das cinzas, sabia decisión, todo o bo que veña é bo desbotar de certo tanta represión, nunca quixen ser temor Sorprendín ó pensamento dando voltas sen saber moi ben como, cando ou onde se detivo ben seguro que ocorreu Hei chegar inda que teña que ir sen ti
3.
Sal, feridas que rezuman sal non temos tempo pra escoitar estamos fartos de xirar na mesma roda Non é complicado, enléase a corda outra vez mandeiche recado, supoño que logo ha ferver Convénceme xente vai, xente vén, convénceme empecei a entender, convénceme non faltou, quen fallou, demóstramo arrolou, sen control, demóstramo Fas minguar con premeditación a quen está ó teu redor e non te fartas de xirar na mesma roda Non é complicado, enléase a corda outra vez mandeiche recado, supoño que logo ha ferver Arrolou, sen control Arrolou, sen control Xente vai, xente vén, convénceme empecei a entender, convénceme non faltou, quen fallou, demóstramo arrolou, sen control, demóstramo Xente vai, xente vén, convénceme empecei a entender, convénceme non faltou, quen fallou, demóstramo arrolou, sen control, demóstramo
4.
Zuna 04:10
Escurece en min, non sei distinguir, tócame tecer, negro sobre gris cada respirar, preme ata mancar, sobra alguén aquí, sobra Déixame Farteime de aturar o vaso encheu demais Zuna, zuna Puidéchelo arranxar agora é tarde xa Zuna, zuna Eu fun o compromiso que ti rachaches eu vin con estes ollos e ti negaches eu din a vida enteira por ti covarde Canto che custaba darme unha resposta? non Escurece en min, non sei distinguir, tócame tecer, negro sobre gris cada respirar, preme ata mancar, sobra alguén aquí, sobra Intoxiqueime coa rabia e calei achegándome ó lume sen medo a perder inda que fuxo non logro escapar os recordos cravados seguen a queimar Eu fun o compromiso que ti rachaches eu vin con estes ollos e ti negaches eu din a vida enteira por ti covarde Canto che custaba darme unha resposta? non Escurece en min, non sei distinguir, tócame tecer, negro sobre gris cada respirar, preme ata mancar, sobra alguén aquí, sobra
5.
Recoñezo que sufrimos, se hai culpables xa da o mesmo e rompín o cristal, xa deixou de brillar Libre Oculto detrás de ti, podre, podre, podre Xuntos, fomos, fame e, frío, dende, hoxe, libre, vivo Son como son, faísca no aire, non podes pedirlle ó mar que se pare coido que se rompeu cando máis confiei Libre Oculto detrás de ti, podre, podre, podre Xuntos, fomos, fame e, frío, dende, hoxe, libre, vivo Non sóltelos cans, sabes ben que da igual nada por salvar, pasará, xa o verás Sinto dicirche que fai dano estar desta beira do valado Xuntos, fomos, fame e, frío, dende, hoxe, libre, vivo, vivo
6.
O resorte 04:57
Cal foi o resorte que me fixo saltar nace un home dun manequín acelera o pulso ata facelo tronar so que o multiplica por mil Vou contracorrente sen forzar Aloumiño os demos que me impiden choutar a carón de onde estás ti Vou contracorrente sen forzar témolo presente e pouco máis cada paso alónxame de ti a verdae empúrrame a vivir Dentro do peito notei un tímido latexar que revirou sen querer xa non se pode apagar Sangue novo, punto cero, non recúo, recupero Sangue novo, punto cero, non recúo, recupero Cal foi o resorte que me fixo saltar nace un home dun manequín acelera o pulso ata facelo tronar so que o multiplica por mil Vou contracorrente sen forzar témolo presente e pouco máis cada paso alónxame de ti a verdae empúrrame a vivir Dentro do peito notei un tímido latexar que revirou sen querer xa non se pode apagar
7.
Féndesme 02:58
Botas raices onde non é sae do meu rego, apártate non hai fartura se non traes pan xanta co diaño, que é teu irmán Dentro: odio xa vas cheirando Dentro: odio xa vas cheirando Levas o xenio no teu mirar compre afastarse, heino lembrar vistes tristura, non tes opción véxote feble amor Féndesme, dis que me axudas e féndesme a túa sorna xa non fai rir manchas vermellas sobre o papel mordín os beizos ata fendelos Fasme sacar o peor de min fasme sacar o peor de min Dous non fan trebón dous non fan trebón dous non fan trebón dous non fan trebón Féndesme, dis que me axudas e féndesme a túa sorna xa non fai rir manchas vermellas sobre o papel mordín os beizos ata fendelos Dentro: odio xa vas cheirando Dentro: odio xa vas cheirando
8.
Clareeira 03:37
Clarexou, ideas que brotan á fin escampou sen poder decidir foi mellor, non teño reparo en seguir condición: vou eu só dende aquí Parvo Escollín, teño dereito a probar tentarei esta vez mellorar rebotei, debuxo saídas no ar espertei no canto de anubrar Guíanme os instintos, non sei onde vou non manda a cabeza, manda o corazón Quen es ti pra dictar contos que son reais Quen es ti pra dictar contos que son reais Arrendei costumes de vello fedor anulei a cita co enterrador rescatei, o fresco da rúa voltou familiar resultou este olor Guíanme os instintos, non sei onde vou non manda a cabeza, manda o corazón
9.
Famento 03:48
Insistir, matizar non é san que haxa confusión percorrer un a un os carreiros antes do solpor Cómo saber, cando parar cada emoción tiña un lugar Basear o guión nunha falsa e basta información traspasar, concernir, non hai poza que non seque ó sol Cómo saber, cando parar cada emoción tiña un lugar Arderá o tizón mentres eu fique en pé arderá con paixón, sen murchar, a pracer Ancorar, aguantar costa arriba réndese a moral agardar, sen dobrar nun descoido a sorte virará Cómo saber, cando parar cada emoción tiña un lugar

about

Gravado nos Estudios Treboada (A Coruña)

credits

released September 1, 2008

Ramón Sánchez - Guitarra
Kaine - Voz
Marcos Pérez - Baixo
Carlos - Batería

Música e letra: Ramón Sánchez

license

tags

about

Traboute Carballo, Spain

Metal en galego.

contact / help

Contact Traboute

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Traboute, you may also like: