We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Traboute

by Traboute

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Non esquecer 04:37
Manipulas a realidade Atrapado no que queres crer Gabear a cada pouco polos chanzos da mentira Incorrendo nunha farsa da que nunca sairás Non esquecer Non recuncar Desterrado todo pensamento Dun acordo que nada ha cambiar Non serás máis unha traba neste día que comeza Deixa que decida o tempo como ou cando acabarás Non esquecer Non recuncar Calquera é libre de escoller Cantos piares derrubar Tendo presente que o que foi Nunca ha volver brillar igual Decidir Que camiño Percorremos por nós mesmos Encomiar As accións Que te leven ata o inferno Decidir Que camiño Percorremos por nós mesmos Encomiar As accións Que te leven ata o inferno Calquera é libre de escoller Cantos piares derrubar Tendo presente que o que foi Nunca ha volver brillar igual Convencido de que todo chega Esperando ver o teu final Arrastrado pola lama coma o verme que se afunde Non terás o alento amigo que che axude a respirar Non esquecer Non recuncar
2.
Atravesar A fráxil liña Marcada Sabes ben Que non vai haber Conciliación Nin tregua Quen lle puxo lume a ese rancor? Onde agocho as cinzas do que foi? Afástate Outro paso máis Para chegar Á orixe Avanzar Cara o furacán Nesta convicción Dun mesmo Quen lle puxo lume a ese rancor? Onde agocho as cinzas do que foi? Arrédate Neguei todo canto representas Borrei as pegadas e o cheiror Non hai razóns non hai escusas Non hai perdón cansou a burra Renovando Enteirezas Apurando Sinerxías Nova pulsión Nova visión Moitos outros chegarán Todos eles caerán Diseminar Esta ferruxe Que oprime Comprender Que non vai haber Conciliación Nin tregua Quen lle puxo lume a ese rancor? Onde agocho as cinzas do que foi? Quen lle puxo lume a ese rancor? Onde agocho as cinzas do que foi? Arrédate
3.
Non é patrón quen posúe o mar senón aquel que sabe nadar Non por berrar escoitei mellor pois ó calar oio a miña voz Resignarme nunca foi un plan se tropezo volvo a comezar sei moi ben como teño que andar paso firme e sen mirar atrás Retroceder xa non é opción ó feito, peito, determinación Son eu quen di cara a onde vou sen vacilar, sen negación Resignarme nunca foi un plan se tropezo volvo a comezar sei moi ben como teño que andar paso firme e sen mirar atrás Cando a rabia non me deixa ver cambio o rumbo para non perder, todo o que teño Non esquezo o que aprendín, deixa estar algún día servirá, pra avanzar e con todo o que supón, recordar forma parte do que fun, non hai máis Cando a rabia non me deixa ver cambio o rumbo para non perder Retroceder xa non é opción ó feito, peito, determinación Son eu quen di cara a onde vou sen vacilar, sen negación Resignarme nunca foi un plan se tropezo volvo a comezar sei moi ben como teño que andar paso firme e sen mirar atrás
4.
Quen mantivo o lume aceso cando choveu? Quen probou o viño amargo dalgún querer? A onde vai un bufón sen un rei? Quen pechou o seu muíño por non moer? Ti ou eu? Sombras, lixo e fedor Máis unha vez Cheira a traizón Quen xuntou o eterno feixe das decepcións? Quen cargou co cesto ó lombo ata que dobrou? Aleitei terras que outro arou Quen lle fixo fronte á serpe? Quen se agochou? Quen calou? Sombras, lixo e fedor Máis unha vez Cheira a traizón Barreños cheos, podres Do que deixamos marchar Véntase o frío, fede O sangue empeza a quebrar, xélido Son raíz que nunca deixa de agromar Sobre min o meu sombreiro e ninguén máis Malia que coas pedras teña que bater Seguirei, non hai vergoña no aprender Máis forte cada vez Pero con todo xa Non quedan sons Que acubillar Máis vivo cada vez Pero con todo xa Non quedan sons Que recordar Barreños cheos, podres Do que deixamos marchar Véntase o frío, fede O sangue empeza a quebrar, xélido Sombras, lixo e fedor Máis unha vez cheira a traizón Máis unha vez cheira a traizón credits

about

Gravado nos Estudios Queiroas (A Coruña)

credits

released August 1, 2017

Ramón Sánchez - guitarra
Kaine - voz
Dis - baixo e batería

Letra e música: Ramón Sánchez
Deseño: Ramón Sánchez

license

tags

about

Traboute Carballo, Spain

Metal en galego.

contact / help

Contact Traboute

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Traboute, you may also like: