Nomes que se van cando amansa a dor
levan canda si o que non brotou
cantos? (cantos máis) chegarán para azoutar
bestas (sen ferrar) loitarán ata axeonllar
Vai medrar lonxe de aquí
vai medrar lonxe de min
Forte convicción en reafirmar
xermes que non dan froito sen regar
buscas (sen paixón) algo que nunca atoparás
todo (malo e bo) ficará neste pantalán
Non hai mención para ti, fraco favor, consentir
Non hai mención para ti, fraco favor, consentir
Cinzas que xa non volverán arder
restos do que foi e non puido ser
eivas, (contra nós) outra vez cuspes negación
liñas (sen valor) sen dicción e sen opinión
Vai medrar lonxe de aquí
vai medrar lonxe de min
vai medrar, vai medrar, vai
Vai, vai medrar, lonxe de aquí
Vai, vai medrar, lonxe de min
Vai medrar, vai medrar
credits
from Flúe,
released February 19, 2016
Música e letra: Ramón Sánchez