lyrics
Non hai respiro nin tregua, nunca deixas de ladrar
arrólate nas silveiras que é onde tes que estar
Quédache grande o meu traxe, quédache grande de máis
o galo faise galiña lonxe do curral
Cala xa, non dis nada que me interese
Fártasme, non es nada non es ninguén, e eu son rei
(é por iso que) Fártasme, non es nada non es ninguén, e eu son rei
Torres máis altas caeron e ti tamén has caer
estás metido na lama e xa non fas pé
Gardas penumbra nas veas, mesturas frío e calor
eu son o que vai de fronte, véxote mellor
Cala xa, non dis nada que me interese
Fártasme, non es nada non es ninguén, e eu son rei
(é por iso que) Fártasme, non es nada non es ninguén, e eu son rei
Baixa a cabeza ó meu paso, aprende o que hai que aprender
e cando o deas aprendido, vólvelo aprender
"Homiño quere ser home", na lingua do perdedor
confunde a fala cos berros, que contradición
Cala xa, non dis nada que me interese
Fártasme, non es nada non es ninguén, e eu son rei
(é por iso que) Fártasme, non es nada non es ninguén, e eu son rei
Non es nada, non es ninguén, e eu son rei
Non es nada, non es ninguén, e eu son rei!
credits
from
Flúe,
released February 19, 2016
Música e letra: Ramón Sánchez
license