Ateigamos os beizos ¿de que?, do feitizo da carne
personaxes distintos e iguais nun rueiro de fame
Nunca verás ningún lobo correr diante da súa lebre
non é peor por deixar de morder, sabe ben o que quere
Ferro!
Só hai segura unha cousa, meu ben, queira un ou non queira
empachamos co prebe que vai dende o río á fervenza
nunca verás ó raposo chorar pois criouse descalzo
non é mellor por sentarse a cear e lamber do meu prato
Ferro!
Gardo as gadoupas, signo de forza
Non penso recuar, encaro a situación
xa non agroma o son dese canso bruar
Devoramos sen mediar palabra
o momento antes que caducara
Non se aposta contra o tempo
apoucado mensaxeiro
Vou!
credits
from Flúe,
released February 19, 2016
Música e letra: Ramón Sánchez