Sombras, lixo e fedor

from Traboute by Traboute

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

lyrics

Quen mantivo o lume aceso cando choveu?
Quen probou o viño amargo dalgún querer?
A onde vai un bufón sen un rei?
Quen pechou o seu muíño por non moer?
Ti ou eu?

Sombras, lixo e fedor
Máis unha vez
Cheira a traizón

Quen xuntou o eterno feixe das decepcións?
Quen cargou co cesto ó lombo ata que dobrou?
Aleitei terras que outro arou
Quen lle fixo fronte á serpe? Quen se agochou?
Quen calou?

Sombras, lixo e fedor
Máis unha vez
Cheira a traizón

Barreños cheos, podres
Do que deixamos marchar
Véntase o frío, fede
O sangue empeza a quebrar, xélido

Son raíz que nunca deixa de agromar
Sobre min o meu sombreiro e ninguén máis
Malia que coas pedras teña que bater
Seguirei, non hai vergoña no aprender

Máis forte cada vez
Pero con todo xa
Non quedan sons
Que acubillar
Máis vivo cada vez
Pero con todo xa
Non quedan sons
Que recordar

Barreños cheos, podres
Do que deixamos marchar
Véntase o frío, fede
O sangue empeza a quebrar, xélido

Sombras, lixo e fedor
Máis unha vez cheira a traizón
Máis unha vez cheira a traizón
credits

credits

from Traboute, released August 1, 2017
Letra e música: Ramón Sánchez

license

tags

about

Traboute Carballo, Spain

Metal en galego.

contact / help

Contact Traboute

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Traboute, you may also like: