Agóchase unha gran verdade detrás do que non deixas ver
nunca soubeches dala cara e non foi distinto esta vez
A túa vida está baseada na escura "arte" do mentir
unha mentira leva a outra, rutina na que has de seguir
Non hai maneira de arranxalo se queres que se arranxe só
Ti buscas o perdón sen negociación, sen mirar atrás, (tan só por)
ti nunca cambiarás, non queres cambiar, e non das opcións, (sabes que si)
Explícame que te motiva a urdir historias sen guión
paxaros que non pÍan claro aniñan homes sen valor
Completamente obsesionado non te das conta que o mellor
non é mellor por estar lonxe senón por telo ó teu carón
Non hai maneira de arranxalo se queres que se arranxe só
Ti buscas o perdón sen negociación, sen mirar atrás, (tan só por)
ti nunca cambiarás, non queres cambiar, e non das opcións, (sabes que si)
Sinto como todo acaba hoxe, sinto como xa nada se esconde
Explícame que te motiva a urdir historias sen guión
paxaros que non pían claro aniñan homes sen valor
Completamente obsesionado non te das conta que o mellor
non é mellor por estar lonxe, senón por telo ó teu carón
Non hai maneira de arranxalo se queres que se arranxe só
credits
from Flúe,
released February 19, 2016
Música e letra: Ramón Sánchez