Manipulas a realidade
Atrapado no que queres crer
Gabear a cada pouco polos chanzos da mentira
Incorrendo nunha farsa da que nunca sairás
Non
esquecer
Non
recuncar
Desterrado todo pensamento
Dun acordo que nada ha cambiar
Non serás máis unha traba neste día que comeza
Deixa que decida o tempo como ou cando acabarás
Non
esquecer
Non
recuncar
Calquera é libre de escoller
Cantos piares derrubar
Tendo presente que o que foi
Nunca ha volver brillar igual
Decidir
Que camiño
Percorremos por nós mesmos
Encomiar
As accións
Que te leven ata o inferno
Decidir
Que camiño
Percorremos por nós mesmos
Encomiar
As accións
Que te leven ata o inferno
Calquera é libre de escoller
Cantos piares derrubar
Tendo presente que o que foi
Nunca ha volver brillar igual
Convencido de que todo chega
Esperando ver o teu final
Arrastrado pola lama coma o verme que se afunde
Non terás o alento amigo que che axude a respirar
Non
esquecer
Non
recuncar
credits
from Traboute,
released August 1, 2017
Letra e música: Ramón Sánchez
Utterly indescribable new record from Greek metal band Locust Leaves features corkscrewing tempos, manic vocal shifts & dense arrangements. Bandcamp New & Notable Mar 6, 2017